Partido Popular de Lugo

Clemente Iglesias: “o rexedor de Riotorto, vendeu ao pobo”

Riotorto, 29 de novembro de 2013.- Logo das publicacións de esta mañá, o presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, puxo de manifesto que quedan totalmente confirmadas as sospeitas e alertas que viña facendo o seu partido con respecto a residencia.

“O señor Estoa vendeu ao noso pobo”- manifestou Clemente Iglesias, quen lamentou que os cartos da residencia de Riotorto vaian para a de Ribadeo.

O popular quixo deixar moi claro que o seu partido non está en contra de que se constrúa unha residencia en Ribadeo, senón que calificou o feito como algo moi positivo para os ribadenses, pero criticou que esta infraestructura se leve a cabo a costa dos veciños de Riotorto.

Neste senso, Clemente Iglesias aseverou que se Gutiérrez Estoa tivese tanto interese por dotar aos veciños dunha residencia, como noutros temas que está levando a cabo dende fora, o Concello de Riotorto non estaría sen esta necesaria infraestructura.

“O rexedor de Riotorto adicouse andar por fora mentindo e xerando polémica, mentras tivo desatendido o concello”- manifestou o popular, quen lembrou que esta desatención e este desinterese repercute seriamente nos veciños, quen agora se ven privados da residencia.

Rematou n os populares instando ao alcalde a que atenda as demandas dos veciños de Riotorto, que son os que lle pagan e aos que ten totalmente desatendidos, e deixe o seu afán de andar por fora, facendo teatro cun tema tan sensible como é a sanidade.