Fonsagrada, 28 de novembro de 2013.- Logo da sesión plenaria municipal extraordinaria celebrada esta mañá a petición dos populares, onde se pedía a rectificación das bases do mal chamado plan de emprego provincial, o voceiro do PP en A Fonsagrada, Tobías Martínez, quixo deixar claro que o Partido Popular non se opón a que 11 desempregados deste concello sean contratados, senon que ao que se opón e ao mal chamado plan de emprego do Organismo Provincial.
Tobías Martínez denunciou que o PSOE votase en contra desta iniciativa popular e que o BNG se abstivese posto que estamos a falar dun plan “que so beneficia a uns poucos, que discrimina aos cidadáns doutros concellos, tan só por non pertencer a un concello gobernado polo PSOE ou BNG”.
Insistíu o popular en que o seu grupo aposta por “un plan igualitario, do que se poidan beneficiar tódolos veciños que están en situación de desemprego, pero non está a favor deste plan de emprego da Deputación, feito en exclusiva para os concellos do PSOE e do BNG e pensado, únicamente, de cara a uns comicios electorais.
Comparou Tobías Martínez o traballo e o bo facer da Xunta de Galicia, quen a diferenza deste sectario plan provincial, puxo en marcha un plan de cooperación ao que tiveron dereito todos e cada un dos concellos da provincia de Lugo, independentemente da cor política, e gracias ao cal os concellos poideron contratar a persoas en situación de desemprego.
“Outro exemplo de que a Xunta trata a tódolos concellos por igual vese na contratación dos GES (Grupos de Emerxencia Supramunicipais)”- manifestou o popular, quen lembrou que catro concellos do PSOE (Monterroso, Becerreá, Fonsagrada e Pontenova) resultaron beneficiarios deste plan e tres do PP (O Courel, Guitiriz e Cervo).
Concluíu o voceiro dos populares en A Fonsagrada, afirmando que o seu partido é o principal preocupado porque tódalas teñan un posto de traballo e tildou de excusas os argumentos do PSOE, tras afirmar que os gobernos populares discriminaban aos concellos da Montaña e instou a facer un plan específico para estes concellos.