Partido Popular de Lugo

PP ve lamentable que o rexedor apoie o discriminatorio plan de emprego provincial, que priva aos preto de 110 desempregados de Castroverde a optar a un posto de traballo

Castroverde, 27 de novembro de 2013.- Logo de que o rexedor de Castroverde votase en contra de instar a Deputación de Lugo a que rectifique e modifique as bases dun plan de emprego totalmente excluínte e sectario, a voceira dos populares neste municipio lamentou que Xosé María Arias, apoiase o discriminatorio plan de emprego provincial, que priva aos 110 desempregados de Castroverde de optar a un posto de traballo.

A voceira dos populares neste municipio criticou que o alcalde non apoiase a iniciativa do Partido Popular, na que se pedía instar á Deputación a modificar as bases que regulan o Plan de Emprego, para que se poidan beneficiar tódolos veciños que están en situación de desemprego.

María Gómez Pallín lembrou que o concello de Castroverde conta con preto de 110 parados que se verán privados deste plan de emprego totalmente sectario, posto que, a diferencia dos de Castroverde, os veciños de outros concellos, coma O Incio ou Fonsagrada, si se verán beneficiados por este plan.

Comparou a popular o traballo e o bo facer da Xunta de Galicia, quen a diferenza deste plan provincial, sectario e discriminatorio, puxo en marcha un plan de cooperación ao que tiveron dereito todos e cada un dos concellos da provincia, independentemente da cor política, e gracias ao cal o concello de Castroverde contou cun  financiamento para a contratación de tres peóns.

Concluíu a popular afirmando que o rexedor ten a obriga moral e institucional de loitar polos intereses de todos e cada un dos seus veciños, esixindo neste caso ao seu homólogo na Deputación de Lugo, a igualdade de oportunidade para todos os desempregados.