Lugo, 26 de novembro de 2013.- O partido popular de Lugo lamentou o pasamento de D. Antonio Pol González, que faleceu no día de onte aos 82 anos de idade na capital lucense.
Notario de profesión, Antonio Pol, foi presidente provincial de Alianza Popular en Lugo dende o ano 1982 ao 1983 e deputado nacional por Lugo dende o ano 1982 ao 1986.
Dende o Partido Popular de Lugo destacan a súa lembranza como líder provincial dialogante e preocupado polas bases do partido.
Os populares trasladan as máis sinceiras condolencias a súa familia e amigos.