Lugo, 23 de novembro de 2013.- A deputada autonómica, Isabel García Pacín quixo deixar claro que o 80% do alumnado do rural da provincia de Lugo non pagará o servizo de comedor escolar.
Nunha rolda de prensa, a popular afirmou que o novo sistema é máis equitativo e ten en conta os ingresos familiares, “antes do curso actual cobrábaselle ao alumnado que facía uso do comedor escolar e que non utilizaba o transporte escolar, independentemente das rendas”- afirmou, e engadíu “en concordancia coa filosofía de gobernos socialistas de “café para todos” que propiciou a situación de crise actual.
A parlamentaria manifestou que en comparación co curso 2008-2009 hai 9.000 prazas de comedor máis,132 centros docentes con comedores máis e pasamos de 14 millóns a 27,8 millóns de euros de recursos públicos para comedores escolares.
DESGLOSE DE DATOS
García Pacín desmentíu con datos as manipulacións que fan os grupos da oposición e fixo unha valoración positiva dos mesmos na provincia.
“Na nosa provincia, o 79,27% dos alumnos teñen o servizo de comedores escolares totalmente gratuíto, un 4,5% abonan 1€, o 2,92%, 2,5€ e o 12,24%, 4,5€ por menú”- manifestou a popular, quen resaltou que tendo en conta a media galega, vemos que Lugo está por enriba na porcentaxe de alumnado que come de balde no colexio.
Destacou as comarcas como a da Ulloa ou Terra de Lemos cun 86,8 e 83,6% de gratuidade respectivamente, fronte a Mariña Lucense onde se achega mais á media con porcentaxes de máis do 70%.
García Pacín salientou que concellos moi rurais como Becerreá, Monterroso, As Nogais superan ampliamente o 92%, 93% e 97% de gratuídade, respectivamente. E mesmo na comarca de Lugo, Guntín achégase ao 94% e en Friol preto do 90% do alumnado non ten que pagar nada polo servizo de comedor escolar.
Concluíu a popular desmentido o argumento da oposición posto que acusaban ao goberno actual de “adoptar medidas inxustas que supoñen un paso atrás para as zonas rurais e que agrandan aínda máis o diferencial na calidade dos servizos públicos que reciben os cidadáns das zonas rurais e urbanas”.