Fonsagrada, 20 de novembro de 2013- O voceiro do PP en A Fonsagrada, Tobías Martínez, puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Traballo e Benestar Social, quen concedeu unha subvención a este municipio de A Montaña, para que o Concello seleccionase e contratase persoas desempregadas.
“27.000 euros destinou o Goberno Galego ao concello de A Fonsagrada para a contratación de persoal”- resaltou Tobías Martínez, quen manifestou que gracias ao compromiso da Xunta de Galicia creáronse tres postos de traballo de interese social para o municipio que non poderían asumirse con recursos municipais.
Lembrou o voceiro dos populares en A Fonsagrada que estes tres traballadores estarán desenvolvendo funcións de mellora do servizo de augas durante seis meses.
Concluíu o popular agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso con este concello de A Montaña lucense posto que gracias a esta iniciativa xerouse emprego nun momento de gran demanda no municipio.