Partido Popular de Lugo

Medela salienta os preto de 88.000 euros que destina o Goberno Galego para obras de mellora da EDAR do Polígono industrial Os Acivros

Chantada, 20 de novembro de 2013.-  A Estación Depuradora de Augas Residuais do polígono industrial Os Acivros, verase renovada gracias ao compromiso e esforzo do Goberno Galego.

O presidente do PP de Chantada, Javier Medela, puxo en valor os 87.281,59 euros que destina a Xunta de Galicia, concretamente a Consellería de Economía e Industria, a este concello da zona sur da provincia para desenvolver obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuas (EDAR) do polígono industrial Os Acivros.

O popular explicou que como consecuencia do paso do tempo a infraestructura presenta determinadas carencias e novas necesidades que se verán arranxadas gracias ao esforzo do Goberno Autonómico.

Neste senso, Javier Medela explicou que é fundamental establecer medidas de apoio á actividade eco­nómica a través de proxectos de investimento en materia de infraestruturas de instalacións e de servizos ás empresas.

Concluíu o presidente dos populares manifestando que estas axudas teñen a finalidade de desenvolver a renovación deste tipo de infraestruturas, para evitar a súa obso­lescencia co obxecto de motivar o esforzo común de constante mellora competitiva de oferta de solo empresarial, como ele­mento dinamizador da economía e do emprego local.