Partido Popular de Lugo

BALSEIRO SALIENTA QUE TODOS OS CONCELLOS DA COMARCA DE CHANTADA E DA ULLOA RECIBIRON 246.719 EUROS A TRAVÉS DO PROGRAMA DE COOPERACIÓN DA XUNTA PARA A CONTRATACIÓN DE 35 DESEMPREGADOS

Santiago, 16 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, explicou hoxe que todos os concellos da comarca de Chantada e A Ulloa recibiron un total de 246.719 euros a través do Programa de Cooperación da Xunta que fixeron posible a contratación de 35 desempregados.

O deputado popular indicou con estas axudas a Xunta financia ao cen por cen a totalidade dos custes salariais e de seguridade social das persoas contratadas ao abeiro deste plan aínda que son os concellos os que de xeito autónomo propoñen e realizan os contratos.

NINGÚN CONCELLO EXCLUÍDO

Balseiro Orol salientou que, a diferenza dos programas postos en marcha por outras administracións, como por exemplo a Deputación de Lugo, ningún concello queda excluído destas axudas e polo tanto todas as persoas que estean inscritas no paro nas comarcas de Chantada e de A Ulloa poden ser potencias beneficiarios dos plans de cooperación da Xunta.

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

O parlamentario puxo en valor este feito destacando que a Xunta non establece diferenzas entre parados segundo o concello no que residen, xa que participan todos os municipios, á vez que garante a igualdade de oportunidades entre as persoas que se atopan sen emprego, que poderían ser contratadas a través deste plan.

Algunhas das contratacións que se subvencionan, ademais, están destinadas á incorporación laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, que teñen prioridade absoluta para acceder aos postos de traballo xerados mediante os Programas de Cooperación.

SERVIZOS DE INTERSE SOCIAL

Con estes apoios os municipios poden ofertar distintos servizos de interese público que doutro xeito non poderán asumir con recursos propios e, de feito, moitos concellos dependen destas axudas para engrosar as brigadas dedicadas ao acondicionamento ou mellora de espazos e bens públicos, que atenden a tarefas que van dende a limpeza de edificios e rúas ata o coidado de áreas fluviais e recreativas ou o desbroce de pistas e camiños. Tamén destinan un bo número destes contratos a atender servizos relacionados co socorrismo, ocio, a cultura, o turismo ou a axuda no fogar.