Ribas de Sil, 15 de novembro de 2013- O voceiro do PP en Ribas de Sil, Jesús Ballesteros, puxo en valor a subvención que concede a Xunta de Galicia a este concello do sur da provincia para que o equipo de goberno local se encargue de seleccionar e contratar cidadáns en situación de desemprego.
“13.500 euros destina o goberno galego ao concello de Ribas de Sil para a contratación de persoal”- resaltou Jesús Ballesteros, quen explicou que gracias ao compromiso da Xunta de Galicia crearanse postos de interese social para o municipio que non poderían asumirse con recursos municipais.
Lembrou o voceiro dos populares en Ribas de Sil que esta subvención está enmarcada dentro dos programas de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e as entidades locais.
Concluíu Jesús Ballesteros agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso co concello de Ribas de Sil posto que gracias a esta iniciativa xerarase emprego nun momento de gran demanda de traballo na localidade.