Monterroso, día 15 de novembro de 2013.- A voceira do PP en Monterroso, Pilar Varela, manifestou esta mañá que os monterrosinos non poden seguir tendo ao frente a un alcalde que en vez de solucionar os seus problemas está a facer todo o contrario.
Refírese a popular aos actos que está levando a cabo Antonio Gato, quen, con cartos dos monterrosinos e a través de artigos de opinión e publicidade, difunde mensaxes totalmente falsos.
“É algo inaudito que o señor Gato esté gastando diñeiro do concello para pagar a difusión das súas cartas de opinión e publicidade”- denunciou a popular quen afirmou que o rexedor, en vez de ofrecer aos monterrosinos información institucional, está a difundir mensaxes que crea ao seu antollo.
Conclúe a popular afirmando que os veciños de Monterroso non poden continuar cun rexedor que paga cos seus cartos a difusión de cartas de opinión e publicidade enganosa.