Partido Popular de Lugo

López Penabad: “Reme e Porto contan dende hoxe cunha depuradora gracias á Xunta de Galicia”

Ribadeo, 15 de novembro de 2013.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, agradeceu esta a mañá á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infaestruturas o seu compromiso con Ribadeo en subsanar infraestructuras do medio rural.

Referiuse López Penabad, as obras da depuradora en Porto e dun sistema de depuración no lugar de Reme, unhas construccións que ven de entregar esta mañá á Xunta de Galicia ao concello de Ribadeo.

O popular lembrou que no que atinxe a Porto, estas obras consistiron en mellorar a depuradora de augas residuais mediante un sistema de depuración, na construcción e acondicionamiento de colectores, na instalación da conducción eléctrica e na  construcción de arquetas correspondentes e dos pozos filtrantes.

No tocante a Reme, o popular afirmou que se construíu un sistema de depuración e renovouse un sistema de aguas residuais, así como a canalización eléctrica baixo terra, ao tempo que se eliminaron residuos sólidos.

Concluíu o presidente dos populares de Ribadeo destacando a importancia destas obras e afirmando que mentras o rexedor Fernando Suárez Barcia fala, o goberno galego actúa e leva a cabo infraestructuras necesarias.