Partido Popular de Lugo

PP de A Pobra do Brollón salienta os preto de 12.000 euros que destina a Xunta a este municipio para contratar a desempregados

Pobra do Brollón, 14 de novembro de 2013.- O voceiro do PP en A Pobra do Brollón, Fernando Parada puxo esta mañá en valor os preto de 12.000 euros, concretamente 11.812,08 euros, que destina a Xunta de Galicia a este concello da zona sur da provincia lucense para a contratación de persoas en situación de desemprego.

Parada explicou que esta cuantía enmárcase dentro do plan de cooperación da Xunta de Galicia, un programa no que o goberno autonómico destina unha cuantía económica para que sexa o equipo de goberno local o que seleccione e contrate ao persoal.

O popular manifestou que a implicación e o compromiso en materia de emprego da Xunta de Galicia co concello de A Pobra do Brollón vese claramente reflectida nesta iniciativa.

Concluíu o popular agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso con este concello xa que gracias a esta iniciativa varias persoas optarán a un posto de traballo nun momento de gran demanda de emprego na localidade.