Partido Popular de Lugo

Pilar Varela: “Gato paga con cartos dos veciños a difusión do falso argumentario do PSOE e mófase dos monterrosinos levando a cabo actos ficticios”

Monterroso 13 de novembro de 2013. A voceira do PP en Monterroso, Pilar Varela, denunciou esta mañá a actitude emprendida polo rexedor, Antonio Gato, quen con cartos dos veciños de Monterroso, paga os falsos e ficticios argumentarios socialistas.

A popular denuncia que o rexedor está a plasmar nun folleto cheo de mentiras, ideas soltas, sin fundamentos, coas que pretende tapar a súa nesfasta xestión e botar a culpa aos que se preocupan por solventar os problemas cos que se atopa a sociedade logo de estar en anos pasados baixo os gobernos do PSOE e bipartitos.

Pilar Varela define o evento emprendido por Antonio Gato na xornada de onte como “un rirse máis dos veciños de Monterroso”, posto que o rexedor, logo de renunciar a residencia e optar por vivendas comunitarias, algo que trae consigo unhas diferencias abismais, levou a cabo unha xornada de portas abertas para que os veciños coñeceran un centro que nada ten que ver co que eles precisan, e para máis mofa, convidou ao evento ao Señor José Ramón Gómez Besteiro, único presidente provincial que se negou a colaborar cos concellos en materia de benestar, e tivo a valía de presentarse no lugar e ante os monterrosinos, acompañado, ademáis, polo seu homólogo, Juan Carlos González Santín.

Neste senso, Pilar Varela tildou de “cara dura” ao señor Gómez Besteiro, quen asistíu a un acto en calidade do que eles definen como benestar e ante a presenza de maiores falou desta temática cando él mesmo e os seus socios de goberno na Deputación, son os únicos gobernos provinciais de Galicia que non cumplen nesta materia e proba diso esta na súa negativa a asumir o que por lei lle corresponde no financiamento do Servizo de Axuda no Fogar básico, o que repercutiu no peto dos veciños.

Lembrou a popular que en dous anos, a Deputación de Lugo adebeda 50.470,68 euros ao concello de Monterroso no tocante ao SAF básico e recorda que o orzamento do Ente Provincial para o SAF básico deste ano 2013 foi de 34.421,08 euros e, nembargantes, o Organismo Provincial só aportou 4.417 euros, o que significa o 12% deste servizo.

Subliñou Pilar Varela que as iniciativas en materia de benestar que emprederon os socios de goberno de Antonio Gato na Deputación, provocaron graves consecuencias nos petos do monterrosinos, que son os  verdadeiramente prexudicados por estas decisións arbitrarias, inxustificadas e insensibles do goberno provincial, quen se amosa insumisa á hora de asumir as súas obrigas en materia de financiamento dos servizos sociais.

Conclúe Pilar Varela insistindo en que os monterrosinos non poden estar representados por un alcalde que se ri deles, lles minte, os priva das súas necesidades e non solventa os seus problemas e lembra que si en vez de basearse en iniciativas que só buscan un foto, se adicase a traballar e facer inversións axeitadas, os veciños  de Monterroso terían unha residencia.