Rábade, 12 de novembro de 2013. A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, urxíu ao rexedor a que busque inmediatamente unha solución para rematar co problema da auga.
A popular lembrou que a auga chega a tódolos domicilios do municipio en malas condicións; problemática que deu lugar a que os veciños mostrasen as súas queixas e levou aos populares a presentar un rogo no pleno de onte.
Macía criticou que con esta problemática, con esta situación caótica e totalmente insana, o señor Fernández Montes, tivese a valía de levar a cabo unha proposta de subir un 1.8% as taxas da auga e do saneamento.
A popular instou ao rexedor a que se mova, xestione e busque unha solución para rematar con esta problemática que afecta a tódolos veciños de Rábade.