Partido Popular de Lugo

O PPDEG REXEITA A PENALIZACIÓN DE VIVENDAS VALEIRAS COMO SOLICITA O PSDEG-PSOE “PORQUE O DA PROPIEDADE É UN DEREITO FUNDAMENTAL”

Santiago, 12 de novembro  de 2013.- O voceiro de Vivenda do PPdeG, Jaime Castiñeira Broz, manifestou o rexeitamento a unha iniciativa debatida hoxe no pleno do Parlamento do PSdeG-PSOE encamiñada a penalizar vivendas valeiras porque “dende o PP respectamos os dereitos dos cidadáns e o da propiedade é un dereito fundamental”. O voceiro popular indicou que “os socialistas queren traer a Galicia o modelo de Andalucía de expropiacións temporais, modelo mais propio de reximenes como o de Venezuela e non  do estado español,e nós non o imos a aceptar”.

“Vanlle  decir aos galegos e galegas que viven nunha vila ou cidade, ou no estranxeiro, e que teñen unha vivenda herdade ou adquirida no medio rural que lla van a expropiar por non estar ocupada”indicou Jaime Castiñeira na súa intervención.  O voceiro popular resaltou que “hai que ter en conta que en moitos concellos a poboación no medio rural descendeu notablemente pola emigración pero seguen mantendo as súas vivendas e os socialistas, coa súa iniciativa, pretenden que esas sexan expropiadas porque non a están utilizando”.

Jaime Castiñeira indicou que “segundo o INE vivenda valeira é a que permanece sen ocupar, dispoñible para a venda ou para o seu alquiler  e os socialista o que pretenden é expropiala porque non a deron vendido ou alquilala, seguindo o modelo andaluz o que amosa é un profundo descoñecemento da realidade do rural galego”. Para o voceiro popular “consideramos que incentivar penalizando, como pretenden os socialistas, non é o modelo axeitado para o uso das vivendas valeiras” e avogou por outras accións.