Castroverde, 12 de novembro de 2013.- A presidenta e voceira do PP en Castroverde, María Gómez, fixo esta mañá unha valoración da sesión plenaria municipal e das declaracións verquidas polo rexedor de Castroverde, Xosé María Arias.
“No tocante aos orzamentos, o rexedor pretendía que os populares asináramos un cheque en branco, sen coñecer as inversións e os gastos do rexedor”- criticou a popular, quen dixo que o alcalde ten a obriga de dar a coñocer en que se van a invertir e gastar os cartos dos veciños.
Gómez Pallín tildou de irrisoria a partida que o rexedor destina para inversión, tan só un 6%, posto que falamos de 113.000 euros, dos cales, 85.500 euros, non teñen definido este concepto e afirmou que o seu grupo botou en falta medidas de racionalización do gasto, máxime neste momento de crise económica, polo que cre que o rexedor debe faer un exercicio de axuste, igual ou superior ao que se lle pide aos cidadáns.
PRIORIZA GASTOS DE PERSOAL E PRESCINDE DE TRABALLADORAS EN MATERIA DE BENESTAR
No tocante ao incremento de gastos de persoal e gasto corrente, a popular denunciou que o rexedor incrementou os gastos correntes en 50.000€, sen explicar o motivo e criticou a iniciativa do rexedor de incrementar os gastos en persoal, supoñendo estas partidas un 84,28% do orzamento, e nembargantes prescinde de dúas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.
Manifestou a popular que non se pode falar de boa xestión cando aumenta o gasto corrente e non se ve reflectido na mellora dos servizos básicos que os veciños de Castroverde reciben.
A Popular tachou de falacia a declaración do Señor Arias, quen afirmou, que a Xunta de Galicia non cumple con Castroverde en materia de servizos sociais e afirmou, que os únicos que incumplen aquí, son os homólogos do rexedor de Castroverde na Deputación de Lugo, o señor Besteiro e Veiga, os que vulneran a Lei de servizos sociais, posto que de 32.000 euros que custa o SAF básico, tan só achegan 3.600 euros e afirma que é o executivo galego o que se fai cargo da totalidade do SAF de dependentes.
SOGAMA
No tocante á taxa de SOGAMA, a popular instou ao rexedor a que deixe de facer demagoxia e non engane aos veciños, posto que él mesmo, na lexislatura pasada, propuxo subir a taxa do lixo un 420%, pasando os recibos de 5 a 21 euros trimestrais e asegurou que a proposta popular foi que o concello asuma os 19.000 euros da suba, cifra moi alonxada dos 50.000 euros, posto que é viable económicamente para o concello sen subirlle a taxa aos veciños.