Partido Popular de Lugo

PP de Ribadeo denuncia a falta de iluminación nas rúas do concello

Ribadeo 11 de novembro de 2013.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou esta mañá a falta de iluminación na rúas do concello; unha situación que “trae consigo un incremento da perigosidade”.

O popular estima que si esta medida responde a criterios de aforro enerxético, a decisión é absurda, posto que hai outras medidas para reducir o consumo e para economizar, sen deixar a un concello prácticamente a oscuras.

“É imprescindible que un municipio esté iluminado”- manifestou o presidente dos populares, quen fixo fincapé na época estacional na que nos atopamos, posto que os días son máis grises, máis curtos é case sempre é de noite, polo que se non existe unha iluminación como é debido os veciños vense privados de necesidades básicas.

Jesús López Penabad afirmou que os populares respaldan todo tipo de medidas de aforro pero sempre e cando non priven aos cidadáns de necesidades básicas e reclamou ao rexedor que se restitúa a iluminación en tódalas rúas de Ribadeo, tanto para velar pola seguridade dos veciños como para non deixar ao concello case sen luz.