Partido Popular de Lugo

PP de Monterroso explicará, a través dun tríptico, as graves consecuencias que suporán para os veciños, a renuncia de Gato á residencia de maiores por unha vivenda comunitaria

Lugo, 08 de outubro de 2013.- A voceira do PP de Monterroso, Pilar Varela, anunciou esta mañá que os populares iniciarán unha campaña informativa para lembrarlles a tódolos veciños que Antonio Gato é o único responsable de que os monterrosinos non conten cunha residencia para persoas maiores e dependentes e das mentiras e da manipulación que o rexedor está a levar a cabo, tras renunciar a este infraestructura e tomar a decisión de desenvolver unha vivenda comunitaria.

Os populares lembran que esta modificación de categoría ten importantes consecuencias, posto que entre outras, estaría a perda de moitos servizos que nunha residencia poderían prestarse aos usuarios do mesmo.

Neste senso, Pilar Varela explicou que a vivenda comunitaria, a diferenza da residencia, non ten servizos de atención xeriátrica e de enfermería, ademais de asistencia sanitaria integral a todos os residentes. Ademais o centro non poderá albergar a persoas con problemas de mobilidade; xa que a vivenda comunitaria só está dirixida a persoas autónomas e dependentes moderados de grado I; mentres que poden ser usuarios das residencias dependentes de todos os grados.

“As residencias de maiores contan con persoal de atención directa (xerocultor e sanitario); así como coa presenza localizada de médico, ATS ou DUE durante as 24 horas, nembargantes, as vivendas comunitarias non dispoñen deste persoal”- aclarou a popular, quen lembrou que tódalas residencias  deben contar coas seguintes áreas diferenciadas: dirección-administración; residencial; servizos xerais e atención especializada e pola contra, ás vivendas comunitarias esíxelles unicamente unha sala de estar, dous servizos hixiénicos, ademais das habitacións.

A voceira dos populares en Monterroso denunciou que a xestión incompetente do alcalde, privou aos veciños dunha serie de servizos de vital necesidade e lembra que a non autorización da Xunta debeuse ao incumprimento dos requisitos técnicos de habitabilidade, accesibilidade e seguridade que por lei deben cumprir as residencias para a atencións as persoas maiores e insistíu en que Gato Soengas, pese a ser advertido das deficiencias detectadas pola Inspección de Servizos Sociais, non quixo corrixilas.

Concluíu Pilar Varela, manifestando, que os populares non permitirán que o rexedor de monterroso, o socialista, Antonio Gato, culpe aos demais dos erros da súa propia xestión e esté a manipular enganar aos nosos maiores cun tema tan sensible.