Ribadeo, 8 de novembro de 2013.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, agradeceu ao goberno galego que entre outros, o IES de Ribadeo fose seleccionado para a implantación de plans de formación permanente do seu profesorado.
“A mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade, a integración didáctica das TIC, a convivencia escolar e clima da aula, a atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados, as accións encamiñadas a mellorar o desempeño profesional docente e a actualización científica e didáctica do profesorado ou a xestión directiva dos centros, son algunhas das diferentes liñas de actuacións”- resaltou López Penabad.
Concluíu o popular subliñando que gracias a esta selección, o IES de Ribadeo poderá desenvolver ao longo deste curso diferentes plans adaptados ás súas necesidades cuxo obxectivo é contribuír á actualización e ao perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.