Partido Popular de Lugo

O PP de Ribadeo censura que Fernando Súarez confunda continuamente o seu papel institucional coa política pancarteira

Ribadeo, 07 de novembro de 2013. O presidente local do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, amosa o seu total rexeitamento a actitude do alcalde Fernando Suárez, que continuamente “está a confundir o seu papel institucional coa política pancarteira”.

López Penabad lémbralle ao rexedor que “representa a todos os veciños da localidade, que lle pagan o seu soldo, e non só aos intereses do Bloque Nacionalista Galego”; e asegura que o acto de protesta no que participou en Santiago só corrobora “o seu gusto pola pancarta que antepón ao seu deber institucional”.

O popular tacha de “lamentable” que un alcalde co único afán de obter rédito político “se centre en facer demagoxia, desinformando á cidadanía e xerando alarma social”, mentres “mantén descoidado e desatendido o seu concello”.

Neste senso, o popular matiza que os intereses dos veciños deféndense a través dunha “xestión seria e rigorosa” e non a través do “grito e da foto”.