Lugo, 6 de novembro de 2013.- Logo de que o rexedor de Riotorto, Federico Gutierrez, continúe na súa liña, da mentira, enganando aos cidadáns, con mensaxes alarmantes e levando a cabo actuacións totalmente descontextualizadas, os populares riotortenses sairon a palestra para denunciar este xogo que se trae o rexedor, quen, con anuncios e accións alarmantes está a amedentrar a poboación.
“O deste señor é buscar protagonismo a base de lanzar mensaxes falsos e alarmantes sobre a sanidade”- denuncian os populares, quenes instan ao rexedor a que se poña a traballar polos seus veciños e deixe de tapar a súa nefasta xestión a base de facer teatro e xerar polémica cun tema tan sensible como é a sanidade.
Os populares manifestan que o rexedor de Riotorto adícase a andar por fóra mentindo e xerando polémica, mentras ten desatendido o concello e lémbranlle que quen lle paga son os riotortenses.
Neste senso, urxen a Federico Gutierrez a que se informe e logo fale posto que tódalas súas declaracións son totalmente falsas e corresponden a esa obra de teatro que él iniciou.
“O último capítulo da súa novela deuse onte, cando anunciou que solicitará por carta unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia”- denuncia o PP, quen urxe a Guitiérrez a que se informe e logo actúe, posto que todo o que dice non se axeita a realidade.
Rematan os populares instando ao alcalde a que atenda as demandas dos veciños de Riotorto, que son os que lle pagan e aos que ten totalmente desatendidos, e deixe o seu afán de andar por fora, facendo teatro cun tema tan sensible como é a sanidade.