Lugo, 2 de novembro de 2013.- O que leva tres anos ao fronte de NNXX na provincia de Lugo, Daniel Vega, foi hoxe reelexido presidente. Preto de 200 mozos e mozas de toda a província estiveron presentes esta tarde na sede dos populares en Lugo, arroupando a Daniel Vega na súa reelección como presidente.
No conclave de NNXX tamén participaron: o voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, a voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, deputados nacionais, autonómicos, provinciais, rexedores e demais cargos políticos da provincia. Tamén estiveron presentes, a presidenta nacional de NNXX, Beatriz Jurado e o presidente rexional, Javier Dorado.
O reelexido presidente, comprometeuse a continuar na liña emprendida de impulsar un proxecto centrado na participación real da xuventude na política e ofrecer solucións aos seus principais problemas.
“Asumo de novo esta responsabilidade con seriedade e coa promesa de cumprir co deber que hoxe me encomendades, respondendo a esta confianza con traballo a través do amplo equipo que formamos”- manifestou Vega quen dixo que NNXX ten que tomar unha actitude activa para que cadansúa das achegas permitan unha organización forte.
Afirmou Daniel Vega que os mozos populares son o nexo de unión entre a xuventude e o Partido Popular, os que representan os seus valores e ideais, que son os que mellor responden a través dun proxecto real ás necesidades reais dos cidadáns.
“Somos a agrupación que analiza a realidade xuvenil para buscarlle solucións reais”- manifestou, quen subliñou que o seu programa busca o contacto cos principais sectores.
Daniel Vega, comprometeuse a seguir traballando na liña do fundador do partido e anunciou a posta dun órgano para dirixir a Escola de Formación Manuel Fraga Iribarne.
Rematou o reelexido presidente deixando claro que dende NNXX levarase a cabo o total servizo e a total disposición e entrega aos mozos, ao partido, a Galicia e a España.
Por outra banda o voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, tildou a Daniel Vega de persoa traballadora e comprometida co partido e afirmou o compromiso claro e firme dos populares con NNXX.
Dixo Barreiro que os mozos populares son o futuro do partido e criticou duramente ao PSOE, polo dano feito aos mais novos, quen truncou as súas expectativas de futuro.
O voceiro do PP no Senado e presidente provincial lembrou a capacidade de sacrifício da xente nova e lembrou o diagnóstico correcto da situación que fixo Mariano Rajoy, quen a dia de hoxe, sin ser triunfalistas, os feitos avalan o seu bo traballo e demostran a súa boa forma de facer política.
EXECUTIVA
Presidente: Daniel Vega Pérez
Vicepresidenta: Yaiza Neira
Secretario xeral: Fernando Carreiras
Vicesecretaria xeral: Rosa Arza
SECRETARIA PRESIDENCIA
Secretario Presidencia: Alberto Fernández
Voceira: Sofía Pérez
Vicesecretario territorial: Fermín Santín
Vicesecretaria de comunicación: Sonia Fernández
Vicesecretaria de novas tecnoloxías: Pablo Flórez
SECRETARIAS
Economía e Industria: Patricia Rivera
Traballo e emprendedores: Nuria López González
Medio Rural e Medio Ambiente: Ismael Torres
Pesca e Asuntos Marítimos: Roberto Fernández
Familia: Goretti Díaz Armesto
Asuntos sociais-benestar: Tatiana Rey Varela
Cultura, Deportes e Asociacionismo: Catalina Pita Criado
Educación-Universidades:Ángeles Novo Martínez
Turismo: Catarina Blanco
COORDINADORES COMARCA
Terra Chá: Marcos Lombardero. Adjunto: Diego Rifón
A Mariña: Roberto Fernández. Adjunta: Andrea Gil
Lugo: Mar Carballas. Adjunto: Francisco Gómez
Sarria: Ismael Torres
A Montaña: Álvaro García.
Lemos: Rosa Arza
Taboada: Lorena López Osorio
VOGAIS
Cristina Cuba Carracedo, José Miguel Coira Díaz, José Roberto Otero , Ignacio Blanco, Ana Cabana, Oscar Bello, Tania Díaz, Luis Cabado, Fé Legaspi, Miguel Varela, Helena Del Valle, Jesús Barral , Marcos González, Jasone F. Lorenzo, Jeniffer Otero, entre outros.