A Fonsagrada, 30 de outubro de 2013. O voceiro do PP en A Fonsagrada, Tobías Martínez, agradeceu esta mañá á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de MATI, o seu compromiso con este concello da montaña lucense no que atinxe a infraestructuras.
“Hoxe o DOG publica a formalización de varios contratos para que as obras da estrada LU-530 se leven a cabo”- manifestou o popular, quen lembrou que o goberno galego adxudicou estas construccións por un importe de 440.570,32 euros para reforzar o firme de varios treitos desta vía que une a capital lucense coa Fonsagrada”.
O voceiro popular destacou a importancia destas obras, que consistirán “na rehabilitación superficial do firme, en treitos puntuais da estrada, concretamente, para conservar e mellorar as súas características funcionais, a seguridade da vía e a comodidade dos usuarios”.
Tobías Martínez manifestou que os traballos centraranse no fresado do firme existente, a extensión dun rego de adherencia con emulsión asfáltica e dunha capa de rodadura composta por formigón bituminoso e, ademáis, no repintado da sinalización horizontal afectada nos treitos de reposición do firme.
Concluíu o popular afirmando que a mellora desta estrada supón tamén un beneficio para os habitantes de A Fonsagrada, Baleira, Castroverde e Lugo.