Rábade, 30 de outubro do 2013.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, puxo en valor a achega da Xunta de Galicia para facer posible unha necesidade. Referiuse Macía as obras de reparación do firme en varios treitos da estrada LU-111 Rábade- O Santo, que serán unha realidade gracias á Xunta de Galicia.
“Hoxe o DOG publica a formalización de varios contratos administrativos para a posta en marcha destas construccións”- destacou a popular, quen engadíu que se reforzará o firme localizado da estrada LU-111, que une Rábade (A-6)-O Santo.
María Luisa Macía lembrou que estas obras están adxudicadas por 444.672,58 euros e nelas levarase a cabo un fresado do firme existente, a extensión dun rego de adherencia con emulsión asfáltica e dunha capa de rodadura composta por formigón bituminoso e, ademais, desenvolverase un repintado da sinalización horizontal que afectada nos treitos de reposición do firme.
Macía explicou que a LU-111, ten unha lonxitude de 18,42 Km, e que se actuará en varios treitos entre os p.q. 0+350 e 12+220, que en total suman 465 metros no carril dereito e 1.385 metros no esquerdo, destacando la actuación na travesía de Támoga (entre os p.q. 6+130 e 7+000 M.I).
Concluíu a popular que con esta actuación, a Consellería de MATI, pretende proporcionar aos cidadáns unha rede viaria cómoda e segura, que evite a sinistralidade e afirmou que esta iniciativa beneficiará tanto aos veciños de Rábade, coma aos cidadáns dos concellos veciños.