Partido Popular de Lugo

BALSEIRO: “NON PODEMOS RECIBIR LECCIÓNS DE PSOE OU BNG SOBRE DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO, OS QUE MÁIS FLOTA DESPEZARON, MÁIS BUQUES EXPULSARON DA NOSA BANDEIRA E MÁIS MARIÑEIROS CONDENARON AO PARO”

Santiago, 30 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que a Xunta de Galicia traballa para cambiar a fórmula para conseguir que o actual principio de reparto de cotas pesqueiras (a estabilidade relativa) “poida cambiarse e, non entanto, os nosos profesionais teñan unha saída práctica grazas ao aumento de cotas”.

Os populares veñen defendendo que os TAC e cotas que se asignan a España “son reducidos e deberían ser máis elevados” e nesa liña as negociacións impulsadas polo Partido Popular e o traballo conxunto do Ministerio e da Xunta fixeron posible incrementar nos últimos dos anos un 15% as posibilidades de pesca para a nosa flota.

INCREMENTO DAS COTAS

Máis en concreto, en 2012 as cotas pesqueiras asignadas á flota española medraron un 8,7% respecto a 2011 e en 2013 se incrementaron un 7,75% respecto a 2012. Unha situación que non acontecía durante a lexislatura bipartita, “en parte polo descoñecemento do sector e, en parte, pola súa mínima capacidade negociadora” e lembrou que co PSOE Estremadura, unha comunidade sen mar, representaba ás comunidades autónomas no Consello de Ministros de Pesca.

Os populares fixeron estas declaracións no transcurso do debate, no Pleno do Parlamento, dunha iniciativa do BNG na que demandaban medidas para evitar a redución da flota comunitaria. Balseiro amosou a súa sorpresa ante a repentina preocupación dos nacionalistas tendo en conta que veñen votando repetidamente en contra de iniciativas obxectivamente positivas para este sector. Neste senso, lembrou que o BNG non apoiou a iniciativa do Grupo Popular sobre supresión do principio de estabilidade relativa, sobre modificación da normativa vixente en materia de tripulacións mínimas e sobre a flexibilización da prohibición dos descartes pesquerios

DESPECES E ABANDEIRAMENTOS

“Non podemos recibir leccións dos que máis flota despezaron, máis buques expulsaron da nosa bandeira e máis mariñeiros condenaron ao paro”,  dixo Balseiro

O portavoz do Mar dos populares galegos avalou con datos as súa afirmación e así explicou que a época na que máis buques desapareceron foi durante o bipartito: Entre 2005 e 2008 desapareceron 538 embarcacións e entre 2009 e 2013 desapareceron 248,un 54% menos. Balseiro tamén insistiu en que o Goberno de PSOE e BNG “so no ano 2006 despezaron 46 buques, tantos como o PP en nos últimos catro anos”

En todo caso Balseiro lembrou que os despezamentos son unha medida totalmente voluntaria que demanda o sector, necesaria para axustar a capacidade da flota ás posibilidade reais de pesca e inclúen, en medidas socioeconómicas aparelladas en beneficio dos tripulantes.