Partido Popular de Lugo

O BNG négase a condenar todo tipo de actos de accións terroristas

 Lugo 29 de outubro de 2013.- O BNG négase a condenar todo tipo de actos terroristas e a rexeitar, polo tanto, calquera tipo de violencia nun estado democrático; ao votar en contra da iniciativa presentada polo Grupo Provincial do PP e que si contou co apoio da formación socialista.

Os populares tachan de “deplorables” as actitudes “daqueles que defenden aos terroristas” e lamentan que unha agrupación política non sexa quen  de rexeitar as actuacións levadas a cabo por Resistencia Galega, con membros sobre os que caeron penas de prisión por pertenza a “organización terrorista”.

A voceira do PP na Deputación Provincial de Lugo, Elena Candia, explicou que unha sentencia da Audiencia Nacional, Sala do Penal Sección 3, refírese a Resistencia Galega como “organización terrorista”.

Coñecedores desta situación o BNG non foi quen de “votar a favor dunha moción na que se manifestaba o rexeitamento a todo tipo de actos terroristas; incluídos os de Resistencia Galega, ademais de solidarizarse coas vítimas terroristas e apoiar o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

O BNG impediu que dende a Deputación Provincial de Lugo se trasladase aos lucenses que non se vai deixar ningún tipo de rasquizo a que os cidadáns se cheguen a saltar as regras de xogo que os españois deron.

Oposición a calquera tipo de violencia

Os populares manifestaron a súa oposición a calquera tipo de violencia e, por suposto, da terrorista, que “non ten cabida nunha democracia, onde todos os cidadáns e, especialmente, os representantes públicos, “debemos estar unidos na súa condena e en ningún caso desculpando e minimizando feitos que poden atentar contra a vida e a integridade das persoas”.

Candia explicou que se ten que “trasladar aos cidadáns que as institucións condenan a violencia”, e “quen pon unha bomba atenta contra todo e contra todos”. “Atenta contra o dereito á vida e a integridade física e moral, algo que consagra a Constitución”, matiza.

Así, aos populares preocúpalles o amparo que se lle está a dar a estas agrupacións dende algún sector político. “Hai determinadas cuestións das que non se pode dubidar. Cando pensamos nun sistema democrático as formas e a expresión política son a palabra e a acción é que hai mecanismo de protesta lexítimos como manifestación”.