Lugo, 29-10-2012. Os compromisos da Deputación de Lugo volveron a quedar esta mañá en papel mollado. Proba disto viuse na votación en contra por parte do Equipo de Goberno no tocante a moción popular, onde se pedía ao organismo provincial que colaborase na segunda fase da mellora da ETAP de Bóveda.
“Besteiro e Veiga volveron a faltar a palabra, ao compromiso e a verdade”- manifestou o rexedor de Bóveda, quen lembrou, que tanto o señor Gómez Besteiro como o señor Antonio Veiga, comprometéronse, tanto por vía oral como escrita, a colaborar no proxecto da segunda fase do abastecemento de auga deste concello.
José Manuel Arias lembrou que no seu momento tanto presidente como vicepresidente da Deputación de Lugo, comprometéronse, por palabra e por sinatura, plasmada incluso nun documento, de colaborar co seu municipio e alegando que este compromiso estaba por riba dos intereses políticos.
“Esta mañá, poidemos comprobar, que desgraciadamente esto non é así”- manifestou quen expresou o seu sentir polos veciños e criticou duramente á Deputación, da que dixo que presume de colaborar cos concellos máis pequenos e nembargantes, unha vez máis podemos comprobar como nos “deixa tirados”.
O rexedor de Bóveda salientou que dende o goberno local buscóuselle solución a este problema e proba diso vese reflectida nas seguintes actuacións: 72 mil euros (50 mil euros dos terreos e 12 da redacción do proxecto) máis a elaboración do proxecto por importe dos 351.05 euros tal e como habían acordado PP e goberno provincial no proxecto.
José Manuel Arias concluíu lembrando que o PSOE local non votou a favor desta proposta no pleno municipal, polo que visto o desta mañá na Deputación, e vista a posición na pasada sesión plenaria municipal, queda patente que a este partido político os veciños non lle importan en absoluto.