Partido Popular de Lugo

O PP denuncia que Riotorto perde definitivamente a residencia á que renunciou o alcalde

RIOTORTO, 25 de outubro de 2013.-«Riotorto perde definitivamente a residencia para persoas maiores e dependentes á que renunciou o alcalde», así o denuncian hoxe desde o Partido Popular local tras coñecerse a decisión da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo de destinar os recursos comprometidos para o centro de benestar en Riotorto ao veciño municipio de Ribadeo.

Os populares temían que acontecera esta situación da que alertaron en múltiples ocasions no pasado e sinalan como máximo responsable desta perda ao alcalde, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa «que, tan dado a dar leccións no ámbito social, á hora da verdade antepon os intereses partidistas do BNG ás necesidades do seus veciños».

«Os nosos veciños non se pode permitir o luxo de perder esta infraestrutura tan demandada e necesaria para o noso municipio e moito menos facelo porque así lle interesa ao BNG. O Goberno local e a Deputación non poden atropellar deste xeito a este concello e teñen a obriga de facer o que comprometeu»- insisten desde o Partido Popular.

Os populares lembran que a renuncia do alcalde supón votar a perder un investimento na localidade de 1.400.000 euros, para unha poboación cun amplo número de persoas maiores, así como a consecuente creación de postos de traballo

NON É EXEMPLO

Tendo en conta a mala xestión protagonizada polo alcalde e a súa incapacidade para xestionar os intereses municipais os populares dúbidan que Gutiérrez Estoa poida ser exemplo de nada fóra: que non pretenda liderar ningún proxecto fóra cando non é capaz de estar á altura no seu concello, nin conseguir a residencia coa que se comprometeu cos seus veciños

RENUNCIA DO ALCALDE

Ata en duas ocasións Gutiérrez Estoa renunciou á residencia que debería construir a Deputación en Riotorto: cando desistiu do investimento e cando decidiu negarse a rectificar esta decisión a pesar da petición formal dos populares que convocaron un pleno extraordinario con este obxecto.

Todo iso a pesar de que en 2011, o propio pleno municipal ratificaba o expediente para a compra da parcela onde se asentaría a residencia e solicitaba un crédito bancario para tal fin, un endebedamento hoxe inútil.

Unha segunda ocasión foi a sesión plenaria extraordinaria cando, insisten desde o PP,  quedou patente que o BNG non quere a residencia nin o centro de día en Riotorto, pese a haber un dotación nos orzamentos da Deputación Provincial de Lugo para construír esta infraestrutura na localidade.

Os populares finalizan cualificando o acontecido como a historia dunha gran mentira protagonizada polas incongruencias do alcalde, que daba un paso adiante e tres cara atrás e por cuxa incompetencia e falta de iniciativa política RIotorto perde definitivamente a súa residencia.