Partido Popular de Lugo

González Barcia afirma que a saída do Torques de Burela do Museo Provincial demostra a inacción de Gómez Besteiro

Burela, a 25 de outubro de 2013.- O alcalde burelés, José María González Barcia, xunto co seu equipo de goberno, a portavoz popular na Deputación Provincial Elena Candia e o deputado popular José Manuel Yanes Ginzo, compareceu en rolda de prensa ante a réplica do Torques de Burela existente na Casa da Cultura da localidade para expresar a súa decepción e a decepción das veciñas e veciños de Burela pola saída do Torques do Museo Provincial.

Barcia claificou o acontecido como “unha perda cultural irreparable para o conxunto da provincia. Independientemente do valor económico, a colección de ourivería dos Gil Varela, na que se engloba o Torques, tén un valor cultural que non se pode cuantificar, e deixar perder este patrimonio cultural é unha enorme irresponsabilidade. Polo que afecta a Burela, a saída do Torques do Museo é como se arrancáramos o Torques do escudo e da bandeira do noso concello. Non hai que esquecer que o Torques forma parte da nosa razón de ser como bureleses, é o símbolo das nosas raíces como comunidade. E que se vaia do Museo vén a ser como se nos arrancaran o que sentimos como noso”.

O alcalde burelés entende que “neste asunto tén que haber responsabilidades políticas. E o responsable político da Deputación é o Sr. Gómez Besteiro. Este señor tén que cargarse de humildade e dar a cara ante os cidadáns desta provincia en xeral e de Burela en particular, para, primeiro, pedir disculpas por non ser capaz de resolver en seis anos un problema que efectivamente herdou pero que tivo tempo para arrancar. E segundo para explicar o que se fixo para que o Torques quedase no museo, se é que se fixoalgo, e o que non se fixo; para explicar o porqué do comportamento da Deputación e por qué non se actuou de outro xeito tendente a conservar este importante patrimonio cultural”.

“Entendo, afirmou González Barcia, que o Sr. Besteiro está máis preocupado polo seu medre persoal dentro do seu partido ca en defender os intereses da provincia de Lugo; por eso creo que non lle adicou a este asunto o tempo que lle tiña que adicar, algo tamén mui propio del. Pero tamén digo que unha persoa que defende así os intereses da provincia, non creo que esteña capacitado para facer nada noutro ámbito político de actuación”.

O alcalde burelés afirmou que “a partires de agora, ós rapaces e rapazas de Burela e da provincia só lles quedará acercarse a esta Casa da Cultura para, a través desta reproducción do Torques poder adiviñar a riqueza e o esplendor desta peza única, da que o Sr. Besteiro nos tén privado poida que para sempre”.

González Barcia finalizou decindo que “xa estamos estudiando conxuntamente co grupo provincial popular e a dirección provincial do partido posibles medidas a adoptar. Unha delas pasaría pola reprobación do Sr. Besteiro no pleno da Corporación Municipal de Burela, como mostra do noso rexeitamento á súa forma de proceder. Envieille en dúas ocasións outras tantas peticións de entrevista para que me explicase as xestións que se estaban a facer e mostrarlle apoio nas negociacións coa familia Gil Varela, e ainda estou agardando pola súa resposta; só tiven a reposta dun deputado delegado, que non me serve de nada. A Besteiro debería preocuparlle ese desprecio ó alcalde dun concello que, se chame como se chame o alcalde, representa ó conxunto de veciñas e veciños do pobo onde apareceu o símbolo do Museo Provincial”.