Pontenova, 24 de outubro de 2013. O voceiro do PP en A Pontenova, Jorge García, denunciou esta mañá as nefastas condicións nas que se atopa o polideportivo municipal.
Jorge García afirma que dende o pasado mes de setembro as instalacións permanecen sen auga quente, polo que xogadores e árbitros, rematan os partidos, e marchan para as súas casas sen ducharse.
“O día 5 de outubro o equipo pontevedrés Pazos de Borbén acudíu ao noso concello e tras rematar o partido, xogadores e árbitro non poideron ducharse porque non tiñan auga quente”- lembra o popular, quen subliña que esta situación volveu a repetirse o pasado día 19 de outubro, cando o equipo do Burela fútbol sala visitou a Pontenova para xogar.
Jorge García afirma que este estado dana totalmente a imaxe da Pontenova, xa non só no propio municipio, senón tamén no exterior, xa que os xogadores e árbitros transmitirán esta situación no exterior.
O popular lembra que estamos xa en outono, camiño ao inverno, polo que insta ao rexedor a que arranxe inmediatamente este problema, posto que ademáis de afectar aos xogadores e árbitros, dana gravemente, a imaxe da Pontenova.