Monterroso 23 de outubro de 2013– A portavoz do Grupo Municipal Popular de Monterroso, Pilar Varela, anunciou esta mañá que pedirán ao alcalde que reoriente e destine o orzamento previsto para a construción dunha pista de padel na localidade a financiar as obras necesarias corrixir as deficiencias que fagan posible contar cunha residencia.
Os populares lembran que non están en contra de dotar ao concello de instalacións deportivas e para o lecer pero entenden que, na situación pola que estamos pasando, é preciso priorizar os investimentos en servizos sociais.
Pilar Varela lembra que Monterroso non poderá dispoñer dunha residencia para persoas maiores e dependentes porque o alcalde renunciou a ela, e logo da mala xestión do Concello que construíu unhas instalacións a sabendas de que non cumpren os requisitos técnicos necesarios para ser autorizado como residencia. Lembrou tamén que a normativa que regula estes requisitos técnicos data do ano 1995, é anterior á redacción e construción das instalacións, no ano 2010.
Os populares votarán en contra, e proporán este destino alternativo, no pleno extraordinario que terá lugar mañá xoves, da modificación de crédito proposta pola alcalde e na que ademais pretende detraerse 12.000 euros da partida de persoal para destinalos á construción desta pista de padel.