Partido Popular de Lugo

PP de Ribadeo salienta os máis de 800.000 mil euros para a construcción do emisario submarino da Depuradora

Ribadeo, 22 de outubro de 2013. O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, agradeceu á Xunta de Galicia, que nos Orzamentos para o ano 2014, incluíse unha dotación de 820.000 euros para a explotación da EDAR en Ribadeo, un diñeiro que servirá para a construcción dun emisario submarino para verter ao mar augas depuradas.

López Penabad afirmou que gracias a esta partida que destina o goberno galego, para a construcción do emisario, estará totalmente rematada unha das infraestructuras máis importantes de Ribadeo, que lembrou, “construíu a Xunta de Galicia”.

OUTRAS PARTIDAS

O presidente dos populares tamén salientou os 46.000 mil euros que destina o goberno galego para a promoción da biodiversidade, os 26.000 para a formación agraria na granxa Pedro Murias e fixo fincapé no apoio da Xunta de Galicia ao centro de cultivos mariños; falamos aquí, dixo Jesús López Penabad, dos 125.000 euros que destina a Consellería do Medio Rural e Mar para o desenvolvemento da investigación mariña no Concello de Ribadeo.