O Incio, 22 de outubro de 2013.- O presidente dos populares de O Incio, José Álvarez, destacou esta mañá o compromiso do executivo galego con este concello.
Jose Álvarez puxo de manifesto que a Xunta de Galicia sigue tendo presente a este concello e proba diso vese novamente nos orzamentos para o ano 2014.
Nesta liña de compromiso da Xunta de Galicia co concello de O Incio, Álvarez salientou a partida orzamentaria de 750.000 euros que destina o goberno galego para rematar as vivendas sociais do concello, unhas obras moi demandadas e necesarias.
“Dos 3,22 millóns de euros que destina o departamento de vivenda e solo industrial para a provincia de Lugo, 0,75M€ son para a construcción de vivendas en O Incio”- destacou o popular, quen insistíu na importancia destas construccións para atraer poboación.
O presidente dos populares agradeceu a Xunta o seu compromiso co Concello de O Incio afirmando que esta, é outra mostra máis, de que o executivo galego non dá as costas a este concello lucense.