Partido Popular de Lugo

Deputados Autonómicos da comarca de Lugo tildan de realistas e responsables as contas do goberno galego para o 2014

Lugo 21-10-2013.- Nunha primeira valoración sobre os orzamentos do Goberno Galego para o 2014, os deputados autonómicos Daniel Varela e Isabel García Pacín, definiron as contas para o vindeiro ano de “realistas e axustadas ao momento no que nos atopamos”.

Nun primeiro balance, ámbolos dous deputados, sinalaron os 29,94 millóns de euros que destina o departamento de infraestructuras para a provincia, entre os que se atopan partidas de 11,78 millóns de euros para  conservación de estradas ou os 4.49 millóns de euros para a mellora da seguridade viaria.

Centrándose na comarca á que pertencen, Daniel Varela e Isabel García Pacín resaltaron os 500.000 euros que recibe o Concello de Friol para o remate das obras da estrada de Sobrado e destacaron a inversión de 106.000 euros que recibirá o Concello de Outerio de Rei para a ampliación do CEIP Laverde Ruíz.

Concluiron os populares manifestando que os orzamentos da Xunta de Galicia do 2014  son ao mesmo tempo responsables, posto que con eles o goberno galego, volve a apostar pola solvencia e volverá a cumprir o obxectivo do déficit para o vindeiro ano.