Lugo 21-10-2013.- Os deputados autonómicos Ángel Camino e Jaime Iñiguez, fixeron esta mañá unha valoración xeral dos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2014.
Nun primeiro balance e centrándose na comarca á que pertencen, ámbolos dous deputados resaltaron os preto de 8 millóns de euros, concretamente, os 7.97 millóns, que destina o departamento de infraestructuras para o tramo comprendido entre a parroquia de Noceda, no Concello de O Incio, e a cidade do Cabe.
“Dos 29,94 millóns de euros que destina o departamento de Infraestructuras para a provincia de Lugo, está incluída unha partida específica para as obras do corredor entre Sarria e Monforte”- salientaron Camino e Iñiguez.
Tamén resaltaron ámbolos dous populares, os 678.000 euros para o encauzamento do río Sarria e os 750.000 euros para rematar as vivendas sociais no Concello de O Incio.
Ángel Camino e Jaime Iñiguez tamén puxeron en valor os 600.000 euros para a construcción da residencia de Paradela e manifestaron que “estamos a falar dunha infraestructura moi necesaria e que será posible gracias ao compromiso da Xunta de Galicia”.
Uns orzamentos que cualificaron de reais e comprometidos coa comarca de Sarria.