O Incio, 21 de outubro de 2013. O presidente do Partido Popular de O Incio, Jose Álvarez, salientou esta mañá o compromiso da Xunta de Galicia co municipio.
O popular referiuse nesta ocasión, aos 187.000 euros que destina a Xunta de Galicia, concretamente, a Consellería de MATI, para as obras de mantemento na estrada LU- 642, concretamente, nun tramo de 4.3 quilómetros, que comunica as localidades de Oural e Ferrería de O Incio.
Estes traballos permitirán reforzar o firme existente mediante o estendido dunha capa de 5 centímetros de formigón bituminoso en quente, un material cunha elevada capacidade de resistencia e dotado dunhas grandes características para a adherencia do neumático ao pavimento. Os anteditos traballos veránse complementados pola correspondente execución das axeitadas actuacións de reperfilado de cunetas e sinalización horizontal”
Deste xeito, eses 4.3 kilómetros da estrada que discorre entre os núcleos de Goó a Sirgueiros e que se encontraba moi deteriorado, quedará en perfecto estado gracias a estas obras de mantemento realizadas polo Goberno Galego.
Lembrou Álvarez que o ano pasado, a súa agrupación local, comprometeuse cos veciños de O Incio a traballar para que estas obras se levaran a cabo e “hoxe vemos como co noso traballo e xestión, os nosos compromisos se cumpren».
Dende o noso Grupo comprometémonos a seguir traballando neste sentido e intentar que no ano próximo se realicen actuacións similares no tramo da LU-642 que vai dende o Hospital de O Incio ata o núcleo da Ferrería e no tramo da LU-653 que vai dende o mesmo Hospital de O Incio dirección Poboa de Brollón, os cales presentan tamén un estado de deterioro moi importante que require destas obras de mantemento.
Concluíu o popular agradecendo á Xunta de Galicia o seu compromiso co Concello de O Incio, e insistíu na necesidade destas obras, totalmente necesarias para velar pola seguridade dos que transcurren pola mesma.