Partido Popular de Lugo

Agustín Baamonde define as contas do goberno galego de “realistas e axustadas á situación actual”

Lugo, 21 de outubro de 2013.- O deputado autonómico da comarca da Terra Chá, Agustín Baamonde, fixo unha primeira valoración das contas do executivo galego.

Nun primeiro balance, o popular afirmou que dos 3,22 millóns de euros que o departamento de vivenda e solo empresarial destina a Lugo, 0,13 M€ son para o solo empresarial de Pacios, en Baamonde.

Destacou o deputado autonómico, que dos 10,87 millóns de euros que a administración hidráulica de Galicia destina a Lugo, 1,08 millóns de euros son para a renovación da conducción xeral dende o depósito de San Simón a Vilalba.

Baamonde puxo de manifiesto que existen partidas xenéricas, que non están territorializadas, e das cales se verá beneficiada a comarca da Terra Chá e concluíu manifestando que son uns orzamentos realistas, axustados co momento que estamos atravesando e son froito do traballo que o goberno galego leva feito ata a data para estabilizar as contas públicas.