Partido Popular de Lugo

PP de Ribadeo propón mellorar cinco estradas cos 62.000 euros que concede a Xunta para arranxar vías rurais

Ribadeo, 14 de outubro de 2013. O Partido Popular de Ribadeo, por medio do seu voceiro municipal, Manuel Valín, presentará no Concello unha proposta que contempla a mellora de cinco estradas de Couxela, Remourelle, A Rochela e Vilaframil coa subvención de 62.000 euros concedida pola Xunta de Galicia ao Concello ribadense para arranxar vías rurais. Anunciouno hoxe o presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad.

López Penabad deu a coñecer a proposta do PP, “que presentaremos no Concello a través do noso portavoz municipal, Manuel Valín, para a subvención da Xunta de Galicia, que anunciamos a semana pasada destinada aos camiños rurais de Ribadeo en dúas anualidades, 2013 e 2014, que en total son 62.000 euros”.

Manifestou Penabad, que os populares “estivemos facendo un percorrido polas parroquias e vendo as posibles actuacións a realizar: en Couxela hai que actuar nunha pista que se atopa nun estado lamentable; outra en Remourelle, que xa se pediu en varias ocasións que se amañase; outras actuacións que nos parece importante facer son en Portela (A Rochela); en Vilaframil, nunha pista que vai dar á escola; e outra máis en A Pubia, tamén en Vilaframil, pola parte de abaixo da estrada Nacional 634”- subliñou Penabad, quen insistíu en que estas cinco actuacións poderían facerse con esa subvención.

“Arranxar estes viais sería o noso desexo”- dixo Penabad quen insistíu en que “trátase da proposta do PP e a ver si logramos que eses camiños e pistas se arranxen”.

Pésame

O presidente dos populares en Ribadeo aproveitou para facer público “o máis sentido pésame en nome do Partido Popular e no meu propio á familia de María Antonia Díaz Rodríguez, viúva do ex alcalde popular José Luis Trashorras. Non hai moitos meses, en decembro, estivo con nós nunha xuntanza que organizamos para reunir a toda a xente tanto de AP como do PP de anos anteriores e ela estivo presente. Queremos expresarlle o máis sentido pésame a toda a súa familia”.

María Antonia Díaz Rodríguez faleceu o pasado venres.