Partido Popular de Lugo

O PP de Negueira de Muñiz propón o arranxo das pistas rurais da Vila de Arriba cos preto de 31.000 euros que destina a Xunta

Negueira de Muñiz, 14 de outubro de 2013.- O voceiro do PP de Negueira de Muñiz, José María Braña, anunciou esta mañá que o seu grupo propón que cos 30.783,00 euros que destina a Xunta de Galicia, ao abeiro do plan de mellora de camiños de titularidade municipal para distribuír entre o ano en curso e o 2014, o arranxo das pistas rurais que se atopan no lugar de a vila de arriba de Negueira de Muñiz.

Braña López afirmou que os camiños que transcorren por esa zona atópanse en moi malas condicións polo que considera que incluílos neste plan é unha boa opción.

O popular explicou que estas achegas se realizan con cargo ao Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e que teñen fundamentalmente como obxectivo incentivar a modernización e reforma dos viais interiores que serven para a comunicación as zonas rurais dos distintos concellos.

Dunha maneira máis ampla, o voceiro dos populares dixo que o goberno galego destina unha dotación de preto de 14 millóns de euros a esta actuación de mellora de camiños na comunidade, e que se inclúe dentro do obxectivo global dos plans de mellora das infraestructuras no medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos galegos se beneficien da mellora das súas infraestructuras básicas, a través de axudas ás entidades locais e, máis concretamente, dos concellos galegos.