Rábade, 14 de outubro de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, ven de rexistrar esta mañá un escrito onde solicita un informe xurídico da secretaría xeral técnica do concellos, quee determine se o señor Fernández Montes, ten potestade para sinalar como acceso ao libro rexistro de entradas e saídas unha vez ao ano como vén sendo ata o día de hoxe.
A popular afirma que, desta maneira, o rexedor entorpece a labor do seu grupo posto que non poden coñecer a existencia de asuntos polo que piden que nese informe se determine se o rexedor ten potestade para sinalar como acceso ao libro de rexistro de entradas e saídas unha vez ao ano como ven facendo dende o ano 2009.
María Luisa Macían afirma que o artigo 37 da Ley 30/92 de Réxime Xurídico as Administracións Públicas regula o dereito de acceso a arquivos e rexistros que nos derivaría ao artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local e aos artigos 14 ao 16 do Reglamento de Ordenación e Funcionamento (ROF) que permiten obter cantos antecedentes, datos ou información que resulten precisos para o desenvolvemento dos edís.
A presidenta e voceira de Rábade solicita porén este informe para saber se o rexedor ten a potestade de decidir as veces que os populares poden acceder ao rexistro do concello.