Partido Popular de Lugo

Máis de 26.000 euros destina o goberno autonómico á mellora dos núcleos rurais de Ribas de Sil

Ribas de Sil 14 de outubro de 2013. Máis de 26 mil euros mil euros; concretamente 26.444 euros para distribuír entre este ano en curso e o 2014. É a cantidade económica que destina a Xunta de Galicia para levar acabo actuacións de mellora nos núcleos rurais do municipio lucense de Ribas de Sil. Díxoo o voceiro dos populares, Jesús Ballesteros, quen mostrou a súa satisfacción e agradeceu ao goberno galego o seu compromiso co entorno rural.

O popular destacou que a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, financiará con máis de 26.000 euros obras de mellora de dotacións rurais no municipio de Ribas de Sil, unhas achegas, realizadas, mediante o Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e que teñen fundamentalmente como obxectivo incentivar a modernización e reforma dos viais interiores que serven para a comunicación as zonas rurais dos distintos concellos.

“Mellorar e manter camiños de titularidade municipal e modernizar así os accesos e a comunicación a través da rede viaria son as principais actuacións ás que van destinados estes fondos”- manifestou o popular, quen salientou a procura de modernizar os accesos e a comunicación a través da rede viaria.

Concluíu Jesús Ballesteros lembrando que o goberno galego destina unha dotación de preto de 14 millóns de euros a esta actuación de mellora de camiños, que se inclúe dentro do obxectivo global dos plans de mellora das infraestructuras no medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos galegos se beneficien da mellora das súas infraestructuras básicas, a través de axudas ás entidades locais e, máis concretamente, dos concellos galegos.