Pol 11 de outubro de 2013. A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza López, convidou esta mañá a tódolos veciños, a acudir o vindeiro luns, día 14 de outubro, ao centro sociocultural de Mosteiro,para participar nunha charla informativa onde se tratarán temas forestais.
O encargado de impartir esta charla será o Xefe do Servizo de montes e industrias forestais, Ramón Rozadillas, e versará sobre as axudas que o Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) destina para o fomento de plantacións e castiñeiro para froito.
María Ángeles Lenza destaca a importancia desta charla, e máis neste momento, no que Pol está a traballar sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Conclúe a popular lembrando que tódolos asistentes poderán formular as súas preguntas ao Xefe do Servizo de montes e industrias forestais para así solventar as súas dúbidas.