Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR QUERE QUE O PARLAMENTO GALEGO REXEITE A POPOSTA DA COMISIÓN EUROPEA DE PROHIBIR O ARRASTRE E O ENMALLE

Viveiro, 11 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa na que se solicita o rexeitamento do Parlamento de Galicia ante a proposta da Comisión Europea pola que se pretende prohibir, de xeito gradual, o uso das artes de pesca de arrastre e de enmalle nas pesquerías de augas profundas.

Balseiro xulga de “inaceptable, inxustificable e desproporcionada” esta medida que pode aceptar ao futuro de 300 embarcacións galegas e fronte a que busca acadar os apoios da Consellería do Medio Rural e do Mar –que xa deu conta do seu respaldo- dos eurodeputados españois e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Acompañando ao portavoz do Mar, estaban o tamén parlamentario mariñán, Vidal Martínez-Sierra, o alcalde de O Vicedo, e responsable de pesca do PPdeLugo, Jesús Novo, a concelleira do Mar de Burela, Patricia López, e os portavoces locais do PP de Viveiro, Antonio Bouza e de Ribadeo, Jesús López Penabad. Todos comparten o rexeitamento ás teses de Bruxelas e a preocupación polo futuro dun sector de importancia dentro da flota galega e comarcal.

REFORMA DO REGULAMENTO

Balseiro explicou que a Comisión Europea (CE) propuxo unha reforma dos Regulamentos comunitarios que implicaría a eliminación progresiva das autorizacións de pesca por medio de redes de arrastre  de fondo ou de redes de enmalle, unha decisión que afectaría a buques españois, franceses e portugueses e, moi en particular, galegos. A súa vez o Parlamento debate un informe, promovido por un eurodeputado socialista grego, Kriton Arsenis, partidario destas teses.

A escusa empregada polos defensores desta proposta é a de evitar capturas accesorias e a degradación do fondo mariño en zonas vulnerables, pero Balseiro lembra, que os primeiros interesados en desenvolver unha actividade pesqueira sostible son os profesionais do sector, “evitando a sobreexplotación dos recursos e zonas de corais onde poden engancharse os aparellos”. Nesa liña considera un erro prohibir o arrastre na súa totalidade e di que como alternativa “deberan determinarse as áreas prioritarias de traballo, os solos areosos e fangosos”.

ARRASTRE DE FONDO

Balseiro tamén explicou que, de levarse acabo a proposta de Bruxelas, provocaría un impacto negativo na competitividade dun amplo sector da flota galega composto de máis de 300 embarcacións que dan emprego directo a entorno a 2.500 profesionais.

Falamos, explicou Balseiro, de 164 arrastreiros, que faenan en augas internacionais, de Gran Sol e do litoral cantábrico, 140 buques que faenan con artes de enmalle na costa litoral cantábrica, 100 da flota de artes menores e 10 máis que faenan baixo outras bandeiras comunitarias, pero de capital galego.

Desde o punto de vista económico se estima que este sector podería verse afectado por perdas estimadas en 80 millóns de euros e, no ámbito social, ameazaría a uns 2.500 empregos. Cifras “que dan mostra de que estaríamos nunha decisión amplamente negativa para Galicia”-segundo o voceiro popular.

PESCA EN AUGAS PROFUNDAS

A pesca de arrastre de fondo en augas profundas do nordeste Atlántico ascende a unhas 34.300 toneladas, é dicir, ao redor do 1 % do total de desembarcos na zona (3,5 millóns de toneladas).

Os buques activos nas pesquerías de augas profundas son os grandes navíos que operan na costa oeste das illas británicas, baseados principalmente en Galicia, Asturias, o País Vasco, Bretaña e Normandía (Francia). Pero tamén inclúe aos buques que se dedican á pesca artesanal de palangre en zonas ultraperiféricas, como as illas Canarias, Azores ou Madeira.

A captúraa de recursos de augas profundas é un complemento para os ingresos dos pescadores, sobre todo de altura, dedicados a extraer especies principais como a pecada, o rape ou o fletán.

AMPLIACIÓN PARA O CASO DA MARIÑA

No caso concreto da Mariña lucense o número de embarcacións afectadas por esta medida achegaríanse a preto dun centenar, 44 barcos de palangre de fondo, de NEAFC e Caldoiro Nacional, 31 de arrastre, 4 de enmalle e volantas, e un pequeno número de artes menores.