Partido Popular de Lugo

Alberto Núñez Feijóo participará na Pulpada de San Froilán que o PP de Lugo organiza para o sábado 19 de outubro

Lugo, 11 de outubro de 2013.- O Presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo participará o sábado 19 de outubro na tradicional Pulpada de San Froilán que organiza o Partido Popular de Lugo. Simpatizantes e militantes lucenses arrouparán ao Presidente da Xunta e aos cargos públicos da formación provincial que preside Jose Manuel Barreiro.

NO PAZO DE FEIRAS E CONGRESOS

O acto terá lugar o sábado 19, na vindeira semana, a partir das 14.00 horas no Pazo de Feiras e Congresos da Cidade de Lugo sito na Avda. Deportes s/n ao carón do Río Miño, no mesmo lugar no que tivo lugar o Congreso Provincial o pasado mes de febreiro.

Está previsto que se desprace un importante número veciños procedentes de todos os concellos lucenses que poderán degustar un menú no que o polbo será o prato estrela, como é habitual neste mes no que se celebra a festividade de San Froilán.

Os interesados poden adquirir as súas tarxetas –a prezo de 25€- na sede provincial do PPdeLugo, sita na rúa Poeta Ramón Cabanillas, n14 (982 24 28 11) ou contactando cos responsables das distintas agrupacións locais.