Partido Popular de Lugo

PP lembra ao BNG que a Deputación de Lugo é a única de Galicia que se nega a apoiar ás persoas que máis o necesitan: aos nosos maiores e dependentes

A Mariña, 10 de outubro de 2013.- O Partido Popular lembrou ao BNG que a Deputación de Lugo é a única das catro Deputacións de Galicia que incumpre a normativa vixente en materia social e de benestar e, moi en concreto, en relación co financiamento obrigado por lei dos servizos municipais de axuda no fogar.

Partidos da contradicción

Os populares lembran que o bipartito provincial incumpre a Lei 3/2008 de Servizos Sociais, que socialistas e nacionalistas aprobaron en 2008 durante a súa etapa de goberno na Xunta. Tanto esta lei como a normativa que a desenvolve (Decreto 99/2012) establecen a obriga de que as Deputacións acheguen os recursos suficientes para financiar nos concellos de menos de 20.000 habitantes o servizo de axuda no fogar básico (persoas dependentes) e a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.

Non teñen en conta aos nosos maiores nin aos dependentes

O incumprimento do Goberno bipartito provincial trae consigo importantes consecuencias negativas para os concellos da provincia de Lugo que se vén na obriga de asumir con recursos propios e a través do aumento das taxas que abonan os seus usuarios o financiamento dun servizo que a Deputación lucense está obrigada por mandato legal a soportar.

Neste senso, os populares manifestan que o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable do área de Benestar, Antón Veiga, coa complicidade necesaria de Gómez Besteiro, incumpren, faltan á verdade e utilizan politicamente ás persoas que máis necesitan o apoio das administracións: os nosos maiores e dependentes.

Teñen cartos pero néganse a empregalos en benestar

Din os populares que os datos demostran que os actuais dirixentes da Deputación de Lugo son uns nefastos xestores posto que malia a que existen recursos suficientes para financiar este servizo, non son capaces de investilos. Afirma o PP que o benestar non é unha prioridade para o bipartito da Deputación que deixou no 2011 máis de 140.211 sen executar.

Manifestan os populares que nembargantes a Deputación de Lugo si destina inxentes cantidades de diñeiro para outras accións do Goberno bipartito como é o caso de gastos en publicidade e propaganda, ou en actos protocolarios. Cada unha destas partidas incrementáronse nos orzamentos para o ano en curso máis do 35% superando os 1,2 millóns de euros.

Din os populares que para os xestores da Deputación os nosos maiores non son importantes pero si outro tipo de gastos supérfluos como é a propaganda, publicidade ou actos protocolarios.

Menos do 15% do custe do servizo

Para cuantificar a falta de apoio da Deputación o PP lembra que a administración provincial deixa sen cubrir o 85% do custe do Servizo de Axuda no Fogar nos concellos da Mariña. Dos máis de 1,4 millóns que custa o servizo nesta comarca a Deputación está a pagar uns 217.000 euros, é dicir o 15%.