Partido Popular de Lugo

JULIA RODRIGUEZ: “A XUNTA ESTABLECE COMO PRIORIDADE AS LIÑAS DE AXUDAS A MULLERES VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO QUE CUMPRAN OS REQUISITOS DAS CONVOCATORIAS PERIÓDICAS”

Santiago,  10 de outubro de 2013.- A voceira de Igualdade do PPdeG, Julia Rodriguez Barreira, defendeu hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento que “a Xunta establece como prioridade as liñas de axudas a mulleres vítimas da violencia de xénero que cumpran os requisitos das convocatorias periódicas para permitirlles unhas condicións suficientes de independencia que consoliden a ruptura coa situación de perigo que corren”.Julia Rodríguez negou “categóricamente” redución algunha nas cantidades e indicou que “o crédito inicial de axudas periódicas era de 1,6 millóns de euros ampliables xa que evidentemente cando se fan os presupostos non se coñece o número de mulleres que van a solicitar estas axudas ou serán beneficiadas no ano próximo”.

Puxo como exemplo desta necesidade de ampliar o crédito “o feito de que de  251 mulleres que percibiron a axuda no 2011 pasouse a 362 no 2012, que continúan a percibila no 2013”.

A voceira de Igualdade defendeu unha emenda, presentada  a unha iniciativa socialista debatida na Comisión e non admitida polo que non foi sometida a votación, na que o PPdeG  solicitaba da Xunta seguir garantindo que todas as mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran cos requisitos da convocatoria anual sexan beneficiadas das mesmas e que estas sexan resoltas no menor tempo posible ante o que os socialistas galegos solicitaban un máximo de 20 días, considerado por Julia Rodríguez “un prazo impracticable administrativamente xa que no suposto de requerir algunha nova documentación as solicitantes a lei marca 10 días só para iso o que fai inasumible un  prazo tan curto”, pero solicitaba na emenda o prazo mais curto posible dentro do marco e o prazo legal, tendo en conta que o prazo se reduce en 4 meses ao  do resto das subvencións.

Na iniciativa popular tamén se solicitaba que o Observatorio Galego da Violencia de Xénero, como órgano colexiado e institucional de Galicia encargado do estudo, avaliación e seguimento das políticas contra a violencia de xénero propoña investigacións e estudos específicos para a prevención e erradicación da violencia co fin de analizar a adecuación das medidas integrais e investigue as súas consecuencias e efectos.

EDUCACIÓN E ATENCIÓN SAÚDE AFECTIVO-SEXUAL

A voceira popular defendeu, no debate dunha iniciativa socialista sobre educación e atención á saúde afectivo-sexual das mulleres, que “no noso sistema educativo xa existen implementacións transversais na educación dos nosos rapaces e todos coincidimos en que os Centros de Orientación Familiar teñen que adaptarse á realidade actual da sociedade galega, que non é a mesma de fai 30 anos, xa que existe mais acceso á información por parte da poboación e o grao de competencia dos profesionais médicos e enfermería tamén é superior polo que a Atención Primaria e quen de asumir actividades neste eido e está a experimentar unha reorganización asistencial en materia integrada para mellorar a atención integral á muller”.

Ao respecto do aborto recordou que “en Galicia existe o aborto gratuíto e a prestación é garantida con fondos públicos” polo que rexeitou “caer de novo na monotemática da oposición e defendeu que na realidade social hai posicionamentos múltiples e distintos e é necesario ser respectuosos con outros plantexamentos”.