Partido Popular de Lugo

PP salienta os máis de 86 mil euros que destina a Xunta para a conservación de pistas rurais e propón unha serie de camiños para acollerse a este plan

Fonsagrada, 8 de octubre de 2013.- O PP de A Fonsagrada, no nome do seu voceiro, Tobías Martínez, salientou esta mañá os 86.062 euros que a Xunta de Galicia destinou a este municipio de A Montaña lucense, a distribuír este ano en curso e para o 2014, co obxetivo de mellorar camiños e pistas rurais de titularidade municipal.

“O concello de A Fonsagrada é o quinto concello da provincia de Lugo en inversión máis alta para o arranxo de camiños rurais de titularidade municipal”- salientou Tobías Martínez, quen agradeceu a Xunta que tivese en conta á hora de repartir as axudas, tanto o número de habitantes como a extensión do municipio

PROPOSTA DOS POPULARES

Acolléndose a este plan, o popular anunciou que o seu partido presentou un escrito ao rexedor, propoñendo unha serie de obras que consideran prioritarias.

Tobías Martínez puxo de manifesto, que na Fonsagrada, existe algunha vivenda, tanto na aldea de Vilarín de Abaixo coma Noceda, á cal é imposible chegar en vehículo.

“Ademáis, existen outras aldeas como Rozabragada, Vilarin de Castelo, Vilarxubin, Centigosa, Boucisca,  ou unha parroquia de Lamas de Moreira (Vilanova, Cruz e As Veigas), nas que o acceso as viviendas é en parte por pistas de terras, polo que pedimos o seu asfaltado ou formigonado”- subliñou Tobías Martínez, quen engadíu que o seu grupo tamén pedíu o arranxo dos camiños debido ao seu total abandono e sobre todo polo mal estado no que se atopan, como é o caso de Puebla de Burón, Torviso, Airexa, Piñeira, Goxe, Mido, Gulpilleiras, Aguiar ou Brañas.

COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO COS NÚCLEOS RURAIS DE A FONSAGRADA

Tobías Martínez agradeceu a colaboración económica e implicación da Xunta de Galicia con este concello de A Montaña, tras conceder ao municipio unha contía de 86.062,00 euros dentro do Programa de mellora de camiños de titularidade municipal.

Esta actuación promovida polo Goberno galego, segundo explicou o popular, englóbase dentro do obxectivo dos plans de mellora das infraestructuras no medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos de Galicia se beneficien da mellora das súas infraestructuras básicas, e de xeito particular, daquelas que inciden na mellora da calidade de vida da súa poboación rural.