Castroverde 7 de outubro de 2013. Preto de 57 mil euros; concretamente 56.914,66 euros para distribuír entre este ano en curso e o 2014; é a cantidade económica que destina a Xunta de Galicia para levar a cabo actuacións de mellora nos camiños rurais e pistas agrarias do municipio lucense de Castroverde. Así o puxo de manifesto a portavoz do Grupo Municipal do PP, María Gómez, quen mostrou a súa satisfacción e agradeceu ao goberno galego o seu compromiso co entorno rural.
“A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, financiará con preto de 57 mil euros, obras de mellora de infraestruturas rurais no municipio de Castroverde”- manifestou a popular, quen salientou esta boa nova.
Neste senso, María Gómez, subliñou que o obxetivo destes fondos son “mellorar e manter camiños de titularidade municipal e modernizar así os accesos e a comunicación a través da rede viaria” e salientou a importancia de modernizar os accesos e a comunicación a través da rede viaria.
Proposta dos populares
O PP de Castroverde, coñecedor desta colaboración da Xunta de Galicia co municipio, rexistrará no Concello un escrito no que proporá a adecuación dunha serie de vías con cargo a esta subvención.
Os populares explican que Castroverde conta cun número elevado de camiños e pistas rurais que necesitan dunha reparación polo que demandarán un arranxo urxente tal e como o solicitan os veciños.