Partido Popular de Lugo

Medela: “máis de 40 mil euros destina a Xunta de Galicia ao concello de Chantada para traballar a prol da igualdade”

Chantada, 7 de outubro de 2013.- O presidente do Partido Popular de Chantada, Javier Medela, salientou hoxe que os máis de 40 mil euros euros que recibirá da Xunta o Concello de Chantada e que servirá para impulsar iniciativas de promoción da igualdade e fomentar a conciliación.

Entre as axudas aparecen os apoios aos Centros de Información á Muller (CIMs) con recursos específicos para os programas de asesoramento xurídico e psicolóxico, en especial, para posibles víctimas en casos de violencia de xénero e para a elaboración do segundo Plan de Igualdade e Oportunidades para as mulleres (PIOM).

“Para a elaboración do segundo Plan de Igualdade e Oportunidades para as Mulleres (PIOM), a Xunta de Galicia destina 7.873,34 euros e para o programa de apoio ao centro de Información á Muller (CIM) 32.381,14 euros”- manifestou Javier Medela.

O presidente do PP de Chantada destacou que “queda explícito, como noutras ocasións, que a Xunta de Galicia segue apostando por este concello da zona sur da provincia” e puxo en valor a importancia da cooperación entre goberno galego e concellos para traballar a prol da igualdade e rematar con calquera tipo de discriminación.