Ribadeo, 7 de outubro de 2013. O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, salientou esta mañá os 48.175 euros que destina a vicepresidencia da Xunta de Galicia ao Concello de Ribadeo para levar a cabo iniciativas encamiñadas a evitar a discriminación das mulleres.
“A Vicepresidencia da Xunta de Galicia achega para a elaboración do segundo Plan de Igualdade e Oportunidades para as Mulleres (PIOM) 1.000 euros; para a iniciativa Ribadeo, unha vila para a conciliación, 3.800 euros; e para o Centro de Información á Muller (CIM) de Ribadeo a achega da Xunta é de 43.375,04 euros”, explicou López Penabad.
O presidente do PP ribadense destacou que “queda de manifesto, como noutras ocasións, que a Xunta de Galicia segue apostando por Ribadeo e pola Mariña, porque outros concellos da zona tamén recibiron este tipo de axudas para intentar eliminar calquera tipo de discriminación para a muller.
É patente e evidente que seguimos recibindo achegas da Xunta de Galicia en Ribadeo, como todos os outros concellos”– concluíu Penabad quen puxo en valor a importancia da cooperación entre Xunta e concellos para traballar a prol da igualdade e rematar con calquer tipo de discriminación.